Libros ilustrados

A ALMA PERDIDA

OLGA TOKARCZUK PREMIO NOBEL 2018 / JOANNA CONCEJO
FUERA DE ÓRBITA / 20,2 x 27,1 cm / 52 pp / cartoné / 978-84-16817-63-4

Oferta:

«Era unha vez un home que traballaba moi duro e moi rápido e que xa había tempo deixara en algures, lonxe, a súa vagarosa alma.»
A alma perdida é unha conmovedora historia sobre a espera, a paciencia e a reflexión, concibida como un libro de arte para todas as idades que obtivo o Premio Bolonia Ragazzi 2018, Mención Especial en Ficción. Segundo o xurado, «O tema filosófico deste libro, a propia cuestión da alma, explórase a través dunhas ilustracións que transpiran unha sensación de paz e meditación. A artista Joanna Concejo representa a melancolía e a ledicia evocadas pola memoria con trazos finos e debuxos minuciosos».

Olga Tokarczuk, flamante premio Nobel 2018, é unha novelista e contista polaca aclamada pola crítica; entre moitos outros galardóns, recibiu o Man Booker Internacional 2018.

Joanna Concejo escribiu e ilustrou libros en Polonia, Francia, Italia, Suíza, España e Corea do Sur. Foi galardoada co Libro do Ano 2013de IBBY (sección Polonia) en deseño gráfico; a súa obra exhibiuse en múltiples exposicións de ilustración internacionais.

Libros relacionados

Boletín

¿Deseas recibir nuestro boletín?
Te mantendremos al día de las novedades y reediciones.

Buscar